28/5/09

Matan as escolas a creatividade?



Adxuntamos un vídeo subtitulado de Sir Ken Robinson, un experto mundial en creatividade, de unha ponencia que fixo nunhas xornadas (TED, Technology, Entertainment, Design Conferences) , onde fala como a educación que se imparte nas escolas mata a creatividade, pois non ten en conta os diferentes potenciais dos alumnos. A conferencia dura un total de vinte minutos, e aquí colgamos dous videos de dez minutos cada un. É moi ameno. Vídeo completo con subtítulos: http://video.google.com/videoplay?docid=-9133846744370459335 Duración: 20 minutos A continuación tedes a segunda parte.

23/5/09

Traballos de Joan Vaello

Engadimos aquí ligazón a dous traballos de Joan Vaello para o establecemento de un plan de Educación socioemocional. Nun deles, unha presentación queda explicitado a planificación de diques que propón Vaello, así coma a estratexia de follas de rexistro para a toma de decisións, os distintos tipos de mestres,...
Tivemos coma grupo a oportunidade de asistir a unha ponencia de Joan Vaello para outro grupo que tamén traballa neste eido. Pensamos que o aportado por Vaello de cara a enfrontar os problemas de violencia nas aulas é algo novidoso e fácil de poñer en práctica, sempre que haxa vontade por parte do profesorado de buscar maneiras de atallar a situación actual de moitos centros, sobre todo en Secundaria.
Tedes acceso a un dos traballos premendo na foto. Aquí accederedes ao outro

29/4/09

EXPERIENCIAS LEVADAS A CABO POLOS MEMBROS DO GRUPO DE TRABALLO: CPI MONDARIZ

Esta experiencia foi levada á práctica cos nenos e nenas de 4º de Primaria do CPI de Mondariz;para levala a cabo foinos de grande utilidade uns materiais que nos cedeu o CEFORE . Nestes había unhas máquinas autodescritivas , onde en base a dez adxectivos nós describiamos nunha escala de : moito , bastante, pouco e moi pouco . Como na clase de lingua castelá e lingua tamén estabamos traballando as descricións e a identificación de sustantivos e adxectivos , os sinónimos e os antónimos , o outro material que utilizamos veunos moi ben , porque tiña vinte fichas sobre calidades persoais tanto positivas coma negativas , nunha cara a positiva e na outra a negativa ( co cal reforzabamos os antónimos ) e en cada unha das calidades que nomeaban axuntaban dous sinónimos .
Tamén aprendemos moitas mais palabras sobre cómo expresar os nosos estados de ánimo , a través do Bingo das Emocións . Con este recurso , aprendemos xogando a expresar sentimentos , a contar situacións pasadas nas que vivenciaramos algún estado de ánimo presente no xogo . É un material moi visual que da pe a facer xogos de mímica facial para representar os estados de ánimo .
(Premendo na foto terás acceso as actividades realizadas e a súa descarga)

28/4/09

Actividades diversas e Webgrafía



Hoxe publicamos un resto de actividades, "os mimos", "unha viaxe polo mar", "así son eu",... que fomentan o autocoñecemento, traballan a intensidade dos sentimentos, a relaxación, a identificación de sentimentos alleos,...
Xunto a esas actividades, vai tamén unha listaxe de referencias Web que usamos no grupo de traballo e que poden resultar interesantes.

26/4/09

ACTIVIDADES DE EMPATÍA

Propoñemos unhas actividades de empatía cara os pais ( qué pensan de mín os meus pais?, correspondencia cos pais), cára os compañeiros/as (o que me fai feliz dos meus compañeiros, qué me fai dano? , qué fago para que na clase se estea ben?, debuxemos cómo queremos que sexa o noso grupo, ninguén mira a palla no propio ollo, como consolar? , cómo te sentirías?).

ACTIVIDADES DE EMOCIÓNS E SENTIMENTOS


Propoñemos unha serie de actividades que traballan as emocións e os sentimentos: "O bingo", "A ruleta", "O dominó" e a "Técnica das caras".

Actividades de autoestima


Agora van unhas actividades de autoestima:O PROTAGONISTA DO DÍA”, CUALIDADES”, “NOS PODEMOS TOCAR SEN HOSTILIDADE”, ESTOU ORGULLOSO DE…”, A PELOTA MENSAXEIRA”, EU SON…”,ESTOU PENSANDO EN ALGUÉN”, QUE DIN DE NÓS” e QUE TE GUSTA DE MIN?”,

25/4/09

Primeira publicación do traballo realizado polo noso Grupo

Hoxe comezamos a publicar o noso traballo. Coma aperitivo, publicamos o marco teórico no que nos movemos, facemos un repaso pola evolución do concepto de Intelixencia Emocional dende 1983, ano no que Howard Gardner traballaba no proxecto Spectrum na Universidade de Harvard , e propuxo a teoría das Intelixencias Múltiples, sinalando coma unha de elas a I.E.
Tamén falamos dos distintos modelos de I.E. , as distintas definicións, a referencia legal e experiencias feitas sobre a I.E..
Coma aspecto indispensable, realizamos un glosario de termos imprescindibles no terreo das emocións e da Intelixencia Emocional.

7/4/09

MEDRANDO SANS: DE SENTIMENTO EN SENTIMENTO, DE EMOCIÓN EN EMOCIÓN

A Xunta de Galicia ven de editar unha publicación dentro do proxecto Medrando Sans subtitulada de Sentimento en sentimento , de emoción en emoción.

Este proxecto consiste na selección de contos en galego de distintas editoras nos que se tratan temas que poden supoñer conflitos emocionais coma : os celos, a ira, o amor, o medo, a enfermidade, ... Recolle, tamén a publicación de orientacións metodolóxicas e didácticas sobre o tratamento de aspectos emocionais , unhas colaboracións de profesionais de recoñecido prestixio, da que destacamos, como non, a Carmen Loureiro, que fixo unha ponencia para o noso grupo de traballo que nos deixou un excelente sabor de boca.
Conta, tamén este libro con secuencias didácticas para traballar a partires da lectura dos contos, unhas experiencias educativas de alguns centros educativos e unha extensa e moi aproveitable bibliografía.
Ainda que o libro está mais ben enfocado a Educación Infantil, podense sacar bastantes actividades para os primeiros ciclos de Primaria.
(Premendo na imaxe terás acceso a descarga do libro)

30/3/09

PREMIOS INNOVACIÓN EDUCATIVA 08. UN TRABALLO SOBRE AS EMOCIÓNS EN INFANTIL.

2º PREMIO MOD. A:Xogamos coas emocións

Descrición: A idea deste pequeno traballo xurde das inquedanzas dun grupo de mestras que estamos comezando a nosa andaina educativa e que nos interesamos por coñecer e profundizar sobre “ o emocionante mundo das emocións”que amosan os nosos pequenos e pequenas cada día na escola a través da súas vivencias, o seu estado de ánimo, as conductas que mostran ó relacionarse cos demais…

Coord: Vanesa Quintián

Descarga material





25/3/09

OS SENTIMENTOS E A ARTE

Unha presentación que xunta sentimentos e arte; vai unida unha melodía musical (e que neste caso non adxuntamos , pero faremolo en breve) que serve de motivación para unha serie de actividades ao redor da mesma.

Agardamos que vos guste.

22/3/09

Somos mestres emocionais ?

CÓMO DEBE SER O MESTRE “EMOCIONAL”?

  • Investigador de necesidades , intereses e problemas dos seus alumnos/as , en concordancia coas necesidades , intereses e problemas do medio tanto inmediato (familia e escola) coma mediato ( comunidade ) .
  • Construtor de Climas Emocionales Positivos , ofrecendo apoio persoal e social para aumentar a autoconfianza e autoestima dos nenos e nenas que atende na aula .
  • Xestionador de obxectivos persoais con suxección aos proxectos de vida individual de cada neno .
  • Facilitador de procesos de toma de decisións , responsabilidades compartidas e individuais .
  • Orientador persoal de cada neno , enfocado ao seu desenvolvemento emocional efectivo .

Corazóns Intelixentes : Un parágrafo a subliñar

“ ¿Cómo es que , siendo tan inteligentes los niños , son tan estúpidos la mayor parte de los hombres? Debe ser fruto de la educación .

Alejandro Dumas , hijo .

No Epílogo do libro “Corazones Inteligentes “ de Pablo Fernández Berrocal y Natalia Ramos Díaz gústame especiamente este paragrafo :

“ Nos momentos mais decisivos da nosa vida , xa sexan alegres ou tristes , non buscamos ao noso arredor as persoas mais intelixentes , senon as mais simpáticas, empáticas, equilibradas e sociables. Este artículo non é un alegato contra a intelixencia abstracta , lóxica e académica , senon un recordatorio , no inicio do novo milenio, da necesidade de potenciar na familia e na escola o crecemento afectivo e emocional dos nosos fillos , porque estas cualidades serán cada vez mais decisivas . Os pais ,tan preocupados sempre polo éxito académico e profesional , obsesionanse con que os seus fillos sexan moi intelixentes e aprendan moitas matemáticas, ciencias ou idiomas, e esquecen , como moitas investigacións demostraron recentemente , que o éxito na vida , e moito menos a felicidade , non dependen de esas habilidades. “

Pablo Fernández Berrocal

Universidade de Málaga

PERO, QUE É A INTELIXENCIA EMOCIONAL?

Mayer, Salovey y Caruso: Capacidade de percibir e expresar emocións , de asimilar as emocións no pensamento , de comprender e razoar coas emocións e de regular as emocións nun mesmo e nos demais.

Daniel Goleman: Capacidade de recoñecer os nosos propios sentimentos , os sentimentos dos demais , motivarnos e manexar adecuadamente as relacións que sostemos cos demais e con nos mesmos .

Emily Sterrett: Fai referencia ao conxunto das destrezas de xestión persoal e destrezas sociais que nos permiten triunfar no noso posto de traballo e na vida en xeral .

Pablo Fernández-Berrocal:Percibir , comprender e regular as emocións propias e as dos demais.

Gallego D.J.e Gallego M.J. (2004) : Capacidade que ten o ser humano , grazas ao seu proceso evolutivo , para armonizar o emocional e o cognitivo , de xeito que poida atender, comprender , controlar , espresar e analizar as emocións dentro de si , e nos demais. Todo isto , permitiralle que a súa actuación sobre o entorno , e as súas relacións humanas sexan eficaces , útiles e teñan repercusións positivas para él , para os demais , e para o entorno no que se desenvolve . “

Reuven Bar-On : Conxunto de capacidades, competencias e habilidades non cognitivas que influencian a habilidade propia de ter éxito ao afrontar as demandas e presións do medio ambente" (citado en Mayer , 2001)

Mayer : “Refírese á habilidade para recoñecer o significado das emocións e as súas relacións, e para razoar e resolver problemas en base a iso. Tamén inclúe empregar as emocións para realzar actividades cognitivas” Mayer et al. (2001)

CRONOLOXÍA CONSTRUCTO IE

(Alfabetización emocional : la deuda de enseñar a vivir con los demás . Revista Iberoamericana de Educacion )

HOWARD GARDNER , 1983

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

REUVEN BAR-ON , 1988

COCIENTE EMOCIONAL (CE)

PETER SALOVEY E JOHN MAYER , 1990

INTELIXENCIA EMOCIONAL

DANIEL GOLEMAN , 1995

“INTELIXENCIA EMOCIONAL”

Gardner , cando fala das inteligencias múltiples , colabora no rescate do concepto de intelixencia do ámbito intelectual e facilitou o camiño cara a intelixencia emocional .

Foi o psicológo Reuven Bar-On na súa Tesis Doutoral en 1988 o primeiro en falar do “Cociente Emocional” , paralelo ao Cociente Intelectual .

Pero foron os psicólogos Peter Salovey e John Mayer en 1990 os que acuñaron o concepto de Intelixencia Emocional , que mais tarde , grazas ao traballo de Daniel Goleman , investigador e xornalista do New York Times , se propagou por todo o mundo a través da súa obra “La Inteligencia Emocional “ (1995).

21/3/09

ALÉN DAS EMOCIÓNS. CORAZÓNS INTELIXENTES

Neste video hai unha experiencia de traballo coas emocións nun Instituto de Málaga, dentro dun plan de adestramento levado pola Universidade de Málaga desde o Departamento de Psicoloxía desta Universidade.

GARDNER E AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

As Intelixencias Múltiples de Gardner

A teoría das intelixencias múltiples é un modelo proposto por Howard Gardner no que a intelixencia non é vista como algo unitario, que agrupa diferentes capacidades específicas con distinto nível de xeneralidade, senón como un conxunto de intelixencias múltiples, distintas e independentes. Gardner define a intelixencia coma a "capacidade de resolver problemas ou elaborar produtos que sexan valiosos nunha ou máis culturas".

Primeiro, amplía o campo do que é a intelixencia e recoñece o que se sabía intuitivamente: Que a brillantez académica non o é todo. Á hora de se desenvolver na vida non chega con ter un gran expediente académico. Hai xente de gran capacidade intelectual pero incapaz de, por exemplo, elixir ben os seus amigos; polo contrario, hai xente menos brilante no colexio que triunfa no mundo dos negocios ou na súa vida persoal. Triunfar nos negocios, ou nos deportes, require ser intelixente, pero en cada campo utilizase un tipo de intelixencia distinto. Non mellor nen peor, pero sí distinto. Dito de outra maneira, Einstein non é máis nin menos intelixente que Michael Jordan, simplemente as súas intelixencias pertencen a campos diferentes.

Segundo, e non menos importante, Gardner define a intelixencia como unha capacidade. Ata fai moi pouco tempo a intelixencia considerabase algo innato e inamovible. Nacíase intelixente ou non, e a educación non podía cambiar este feito. Tanto e así que en épocas moi cercanas aos deficientes psíquicos non se lles educaba, porque considerabase que era un esforzo inútil.


Comezamos a andaina

inteligencia_emocional1.jpg

Hoxe comeza a andaina na rede deste Grupo de Traballo creado este ano para afondar no coñecemento da Intelixencia Emocional. Pensamos, e iso é o que nos move , que é básico un benestar persoal para conquerir os obxectivos mais altos na educación dos nenos, e que un descoñecemento de sí mesmos fai , as veces , que se bloqueen os procesos educativos.

Este blogue, e o traballo aquí exposto, desenvolveuse con subvención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao traverso do Centro de Formación e Recursos de Vigo.