29/4/09

EXPERIENCIAS LEVADAS A CABO POLOS MEMBROS DO GRUPO DE TRABALLO: CPI MONDARIZ

Esta experiencia foi levada á práctica cos nenos e nenas de 4º de Primaria do CPI de Mondariz;para levala a cabo foinos de grande utilidade uns materiais que nos cedeu o CEFORE . Nestes había unhas máquinas autodescritivas , onde en base a dez adxectivos nós describiamos nunha escala de : moito , bastante, pouco e moi pouco . Como na clase de lingua castelá e lingua tamén estabamos traballando as descricións e a identificación de sustantivos e adxectivos , os sinónimos e os antónimos , o outro material que utilizamos veunos moi ben , porque tiña vinte fichas sobre calidades persoais tanto positivas coma negativas , nunha cara a positiva e na outra a negativa ( co cal reforzabamos os antónimos ) e en cada unha das calidades que nomeaban axuntaban dous sinónimos .
Tamén aprendemos moitas mais palabras sobre cómo expresar os nosos estados de ánimo , a través do Bingo das Emocións . Con este recurso , aprendemos xogando a expresar sentimentos , a contar situacións pasadas nas que vivenciaramos algún estado de ánimo presente no xogo . É un material moi visual que da pe a facer xogos de mímica facial para representar os estados de ánimo .
(Premendo na foto terás acceso as actividades realizadas e a súa descarga)

28/4/09

Actividades diversas e Webgrafía



Hoxe publicamos un resto de actividades, "os mimos", "unha viaxe polo mar", "así son eu",... que fomentan o autocoñecemento, traballan a intensidade dos sentimentos, a relaxación, a identificación de sentimentos alleos,...
Xunto a esas actividades, vai tamén unha listaxe de referencias Web que usamos no grupo de traballo e que poden resultar interesantes.

26/4/09

ACTIVIDADES DE EMPATÍA

Propoñemos unhas actividades de empatía cara os pais ( qué pensan de mín os meus pais?, correspondencia cos pais), cára os compañeiros/as (o que me fai feliz dos meus compañeiros, qué me fai dano? , qué fago para que na clase se estea ben?, debuxemos cómo queremos que sexa o noso grupo, ninguén mira a palla no propio ollo, como consolar? , cómo te sentirías?).

ACTIVIDADES DE EMOCIÓNS E SENTIMENTOS


Propoñemos unha serie de actividades que traballan as emocións e os sentimentos: "O bingo", "A ruleta", "O dominó" e a "Técnica das caras".

Actividades de autoestima


Agora van unhas actividades de autoestima:O PROTAGONISTA DO DÍA”, CUALIDADES”, “NOS PODEMOS TOCAR SEN HOSTILIDADE”, ESTOU ORGULLOSO DE…”, A PELOTA MENSAXEIRA”, EU SON…”,ESTOU PENSANDO EN ALGUÉN”, QUE DIN DE NÓS” e QUE TE GUSTA DE MIN?”,