21/3/09

ALÉN DAS EMOCIÓNS. CORAZÓNS INTELIXENTES

Neste video hai unha experiencia de traballo coas emocións nun Instituto de Málaga, dentro dun plan de adestramento levado pola Universidade de Málaga desde o Departamento de Psicoloxía desta Universidade.

GARDNER E AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

As Intelixencias Múltiples de Gardner

A teoría das intelixencias múltiples é un modelo proposto por Howard Gardner no que a intelixencia non é vista como algo unitario, que agrupa diferentes capacidades específicas con distinto nível de xeneralidade, senón como un conxunto de intelixencias múltiples, distintas e independentes. Gardner define a intelixencia coma a "capacidade de resolver problemas ou elaborar produtos que sexan valiosos nunha ou máis culturas".

Primeiro, amplía o campo do que é a intelixencia e recoñece o que se sabía intuitivamente: Que a brillantez académica non o é todo. Á hora de se desenvolver na vida non chega con ter un gran expediente académico. Hai xente de gran capacidade intelectual pero incapaz de, por exemplo, elixir ben os seus amigos; polo contrario, hai xente menos brilante no colexio que triunfa no mundo dos negocios ou na súa vida persoal. Triunfar nos negocios, ou nos deportes, require ser intelixente, pero en cada campo utilizase un tipo de intelixencia distinto. Non mellor nen peor, pero sí distinto. Dito de outra maneira, Einstein non é máis nin menos intelixente que Michael Jordan, simplemente as súas intelixencias pertencen a campos diferentes.

Segundo, e non menos importante, Gardner define a intelixencia como unha capacidade. Ata fai moi pouco tempo a intelixencia considerabase algo innato e inamovible. Nacíase intelixente ou non, e a educación non podía cambiar este feito. Tanto e así que en épocas moi cercanas aos deficientes psíquicos non se lles educaba, porque considerabase que era un esforzo inútil.


Comezamos a andaina

inteligencia_emocional1.jpg

Hoxe comeza a andaina na rede deste Grupo de Traballo creado este ano para afondar no coñecemento da Intelixencia Emocional. Pensamos, e iso é o que nos move , que é básico un benestar persoal para conquerir os obxectivos mais altos na educación dos nenos, e que un descoñecemento de sí mesmos fai , as veces , que se bloqueen os procesos educativos.

Este blogue, e o traballo aquí exposto, desenvolveuse con subvención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao traverso do Centro de Formación e Recursos de Vigo.